Ave fénix

ave-fenix-trasno2Proxecto Trasno está erguendo o voo de volta.

Despois dun longo período con dificultades técnicas, volvemos á normalidade.

Nos vindeiros días iranse reactivando os servizos da comunidade Proxecto Trasno. Moito habería que dicir neste período pero, o fundamental, abonda con dicir que os e as tradutores de Proxecto Trasno non deixaron nin un momento de seguir actualizando, sostendo e ampliando o catálogo de software en galego traducido con calidade.